Nun calendario de estío cheo de festas non podían faltar á cita as Festas de Oleiros que se van a celebrar os días 30 e 31 de agosto e rematarán o vindeiro domingo 1 de setembro.
Á presentación acudiron o segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, o presidente da Comisión de Festas, Lisardo Pérez Casal máis membros da comisión.
Suárez-Puerta agradeceu e felicitou á Comisión de Festas polo seu traballo “porque sen o seu esforzo e todo o traballo que poñen durante todo o ano, non sería posible que nesta parroquia se levaran a cabo estas festas”. Tamén falou do variada programación para tódolos públicos e invitou á toda a veciñanza a asistir a estas festas tan especiais.
Programación:
Vernes 30 de agosto:
· Dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas “Os Pequenos do Barbanza” · Actuación do trío “Arena Musical”
· Planet Disco con DJ Manu X
Sábado 31 de agosto:
· Dianas y alboradas cargo do grupo de gaitas “Os Pequenos do Barbanza” · Torneo 50º Aniversario no Campo da Trinidade
· IV Ruta Cabalar
· Actuación do grupo “Master”
· Planet Disco con Mateo Abelleira.
Domingo 1 de setembro:
· Dianas y alboradas cargo do grupo de gaitas “Os Pequenos do Barbanza” · Misa Solemne e Procesión.
· VIII Festa da Empanada
· Solteiros contra casados no campo de Trinidade
· Festa infantil