Foi recibido polo alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, e polas concelleiras María Josefa Álvarez e Raquel Fondo.
O representante do país latinoamericano comprometeuse a facer, proximamente, unha visita institucional ao municipio.
O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, acompañado das concelleiras María Josefa Álvarez y Raquel Fondo, recibiron hoxe ao cónsul de Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez, no Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte (MACMO) de Corme.
Alí, o representante do país latinoamericano puido coñecer máis en profundidade a figura de Manuel Pailós, escritor que une a Ponteceso con Uruguai. Rodríguez, que desfrutou da visita ao museo en compañía de Mato, Álvarez e Fondo, comprometeuse a volver a Corme proximamente para facer unha visita institucional e explorar vías de colaboración entre o Concello de Ponteceso e o consulado uruguaio en Galicia.
Dende o goberno local agradeceron a Rodríguez a súa visita e invitárono a volver a Corme para realizar unha visita institucional. Tamén resaltan a “importancia que o MACMO ten para Corme e a súa economía, pois é un dos principais atractivos deste núcleo en particular e de Ponteceso en xeral; atraendo xente en todas as épocas do ano, demostrando que a cultura pode ser un motor económico”, afirmou o rexedor.