Banda Bassotti, Sínkope e Koma son os grandes reclamos do cartel
Esta fin de semana celébrase unha nova edición do Flores Rock, que amplía a súa programación a dous días e conta cun cartel no que o rock, o punk e o metal están moi presentes. O Goberno de Inés Rey apoia activamente esta iniciativa na busca e impulsar o ocio e o desenvolvemento cultural dos barrios.
Banda Bassotti, Sínkope e Koma son os principais atractivos do festival, que se desenvolverá na praza do Sol Nacente este venres 30 e sábado 31 de agosto totalmente de balde. Tamén actuarán durante as dúas xornadas outras bandas como Vantroi, Perpetual, Strikeback ou Deseqilibrio Mental. Ademais, Scarecrow, Declinare e Lenincat primeira, segunda e terceira clasificada da batalla de bandas do Flores Rock, tamén ofrecerán sendos concertos.
Por outra banda, o sábado 31 tamén haberá, dentro do programa do festival, o Campamento Flores Kids. Haberá diferentes actividades lúdicas para os máis pequenos e, ás 17.00 horas, actuará A Gramola Gominola. Ademais, haberá postos de comida para todos os asistentes durante ambas xornadas.
Horarios
Venres 30 de agosto
● 20.30 horas. Deseqilibrio Mental
● 21.45 horas. Vantroi
● 23.00 horas. Scarecrow
● 0.15 horas. Banda Bassotti
Sábado 31 de agosto
● 13.00 horas. Lenincat
● 14.00 horas. Declinare
● 17.00 horas. A Gramola Gominola
● 19.10 horas. Strikeback
● 20.15 horas. Perpetual
● 21.30 horas Sínkope
● 23.15 horas. Koma
● 1.00 horas. Bestas