· Onte foron recibidos en Figueira da Foz e hoxe pasarán por Serra d’El Rei antes de rematar esta ruta.
Onte, mércores 28 de agosto, os 14 ciclistas camariñáns percorreron os 139 quilómetros que hai entre Porto e Figueira da Foz, completando así a terceira etapa da ruta ciclista entre Camariñas e Peniche, unha iniciativa que ten o obxectivo de reforzar o irmandamento entre as dúas localidades.
A expedición foi recibida na cámara municipal de Figueira da Foz polo seu presidente, Pedro Miguel de Santana Lopes, a vicepresidenta, Anabela Marques Tabaço e o concelleiro de Deportes, Manuel António Fernandes Domingues.
Hoxe volveron a emprender camiño para afrontar a cuarta e última etapa, que rematará en Peniche con parada previa en Serrad’El Rei, cubrindo un total de 142 quilómetros. Está previsto que que un club local de ciclismo de Peniche acompañe, na totalidade ou en parte do percorrido, aos 14 ciclistas de Camariñas, que irán ataviados cun equipamento deseñado especialmente para a ocasión.