Friday 22 de November de 2024

O artista urbano Saiko escolle a cidade da Coruña para pechar a súa xira ‘Sakura Tour 2024’


O concerto, que será no Coliseum o vindeiro 6 de outubro, será a única cita do artista en Galicia

As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com e no despacho de billetes Praza de Ourense a partir do 30 de agosto ás 12.00 horas

A Coruña prepárase para recibir un dos eventos musicais máis importantes do panorama urbano. O aclamado artista Saiko, referente da música urbana actual, chegará o próximo 6 de outubro ao Coliseum coa súa xira nacional, ‘Sakura Tour’ seguindo a estratexia marcada polo Goberno de Inés Rey para a inclusión do Coliseum no circuíto de xiras nacionais e internacionais.

Saiko é coñecido pola súa capacidade para mesturar xéneros como o reggaetón, drum and bass, e polas súas colaboracións con estrelas como J Balvin, Feid, Amora, Quevedo, Omar Montes e Dellafuente. O seu último disco ‘Sakura’, capturou a imaxinación dos seus seguidores, levando á audiencia a unha viaxe sonora onde cada canción representa un planeta distinto. Os éxitos ‘Polaris’ e ‘Supernova’ marcaron a pauta, consolidando a súa posición na escena musical tanto en España como a nivel internacional.

O concerto será a única oportunidade de ver a Saiko en Galicia. Terá lugar no Coliseum da Coruña o 6 de outubro. As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com e no Despacho de billetes Praza de Ourense a partir do 30 de agosto 2024 ás 12.00 horas.

Logo do éxito na venda de entradas nos espectáculos en Madrid e Barcelona, colgando o cartel de esgotado en tempo récord, Saiko chega á Coruña para recibir ao público galego no recinto de referencia de Galicia.