Sábado 31 de agosto de 2024 – 10:00 a 14:00 h
A Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS) estará o vindeiro sábado 31 de agosto en Ribeira desenvolvendo a Xornada Moito que facer! que se celebrará de 10:00 a 14:00 h na Avda. do Malecón (diante de Abanca).
Moito que facer! trátase dunhas xornadas itinerantes polas catro provincias galegas, que se celebrarán en 24 localidades distintas, co obxectivo de sensibilizar á poboación na importancia de que a igualdade, a conciliación e a corresponsabilidade se entendan tendo en conta a diversidade familiar da nosa sociedade.
A xornada está dirixida a todo tipo de familias, que poderán participar en distintas actividades que terán como fío conductor o Moito que facer a través da súa dobre interpretación: por unha banda os moitos “quefaceres” diarios que deben atender as persoas que coidan e por outra banda o moito que queda lle queda por facer á sociedade para que exista unha verdadeira corresponsabilidade no eido dos coidados:
● A partir das 10:00 habilitarase unha carpa informativa onde se poderá acceder a materiais e recursos relacionados coa conciliación, a corresponsabilidade e os coidados con perspectiva de xénero, obter información sobre a lexislación actual, acceder a un webinario sobre corresponsabilidade, etc.
Poden achegarse tamén as persoas que precisen asesoramento sobre monoparentalidade: como solicitar o certificado de familia monoparental, rede de apoio, información sobre axudas, dereitos, lexislación, etc.
● Ás 12:00 haberá unha charla formativa e un faladoiro, onde se afondará nos datos que amosan o impacto que teñen nas vidas das mulleres as desigualdades que existen respecto ás tarefas do fogar e da crianza. Conversarase sobre o papel que xoga o tipo de estrutura familiar na conciliación, e das consecuencias persoais, familiares e laborais que ten a imposibilidade de conciliar axeitadamente na saúde e no benestar de todos os membros da familia.
Os nenos e nenas que asistan poderán participar e ser protagonistas nun xogo sobre a corresponsabilidade no fogar.
Todas as personas inscritas que participen na charla informativa ou no faladoiro recibirán un agasallo.
As inscricións pódense facer en www.fagamos.com ou na mesa informativa o mesmo día da xornada.
Esta actuación forma parte do proxecto “Currunchiños de Conciliación” do Plan Corresponsables e está financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdad, e organizada en colaboración co Concello de Ribeira.