Friday 22 de November de 2024

Explosión con feridos no parque empresarial de Espiñeira, no Concello de Boiro


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ás 15:27 horas deste mediodía dunha explosión na nave de Rotogal no parque empresarial de Espiñeira, no Concello de Boiro.

A explosión foi ocasionada por un depósito que ten un produto para facer poliuretano, estando a zona afectada desconectada á corrente eléctrica e sen risco de fuga do produto. Na incidencia houbo tres persoas feridas, dúas de carácter leve e unha terceira que tivo que ser trasladada inconsciente en helicóptero ao CHUS.

Os bombeiros procederon a comprobar o estado do depósito e da maquinaria que se atopaban na parte superior da nave, observando que falta unha parte de arriba do depósito e un pequeno motor que vai acoplado.

Xunto con eles completaron o operativo a Policía Local de Boiro, a Garda Civil de Boiro, o 061 de Boiro, o H3 e o SMPC de Boiro.