• O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira de Educación, Ana Cartelle, visitaron recentemente o centro para comprobar o grao de avance dos traballos.
• O rexedor agradeceu á Consellería de Educación o seu apoio nesta “intervención máis que necesaria” que “a comunidade educativa de Ortigueira leva anos demandando.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira de Educación, Ana Cartelle, visitaron recentemente o CEIP José María Lage para comprobar o grao de avance das obras para erradicar o parasito do caruncho, que leva anos afectando o centro.
Alí puideron comprobar como se finalizou a primeira fase dos traballos, que consistiu, esencialmente, na rehabilitación das aulas da segunda planta afectadas por este insecto. Deste xeito, retiráronse os elementos de madeira que dividían as diferentes clases por outros de aluminio, onde a Scleroderma domestica non poderá medrar.
Os traballos seguen desenvolvéndose a bo ritmo de fronte ao comezo do curso escolar, co único obxectivo de garantir a saúde e a seguridade do alumnado do colexio.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, agradece “á Consellería de Educación o seu compromiso con Ortigueira e a súa axuda para poñer fin a un problema de saúde que leva anos afectando o centro”.
Calvín lembra que “ao pouco tempo de chegar á alcaldía, puxémonos ao choio con este tema, pois é inaceptable que a situación se haxa prolongado tanto tempo #ante a inacción do goberno municipal previo”. “Aproveitando a ponte do Pilar, contratouse de urxencia a unha empresa especializada para fumigar o centro, o que logrou reducir considerablemente o número de insectos, aínda que non acabar con eles”.
Por último, Calvín asegura que “esta intervención máis que necesaria é a solución que toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familiares levaban anos demandando”.