Logo de acaba-lo mes de agosto, a Concellaría da Participación Veciñal da Pobra do Caramiñal retoma os obradoiros artesáns de balde dentro do programa Feito coas túas mans, cos cales se pretende dinamiza-los centros socioculturais da localidade ao mesmo tempo que se ofrecen alternativas de lecer fóra da época estival, se xera comunidade e se potencia a creatividade da veciñanza.
Continúan agora con cerámica, da man de Raposiñas, no muíño da Ponte Barbanza (aos mércores do mes de setembro); madeira, a cargo de SonAgasallo, en Santo Isidro (aos mércores do mes de outubro); e xabóns, grazas a Flow de Meiga, na Angustia (aos mércores do mes de novembro), se ben estes talleres xa se iniciaron nos pasados meses coa impartición de cestaría con La Parabólica, no Campiño, e con Capixuta, na Ribeiriña, ademais de macramé con Noites de Datura, no Camiño Ancho.
As prazas xa están cubertas totalmente dende a presentación do programa no mes de abril.