Friday 22 de November de 2024

Pasodobres e bandas sonoras, este domingo no XVI Certame de Bandas de Música Populares do Concello de Lousame


As bandas de Padrón e Lousame actuarán este domingo 1 de setembro, ás 18:00 horas, no campo da festa de San Roquiño (Tállara)

A banda de música municipal de Padrón e a banda de música de Lousame protagonizan a décimo sexta edición do Certame de Bandas de Música Populares, que como todos os anos ten lugar en homenaxe a Prudencio Romo. O concerto terá lugar este domingo 1 de setembro, ás 18:00 horas, no campo da festa de San Roquiño (Tállara).

A entrada é libre e de balde. En caso de choiva, o certame trasladarase ao polideportivo municipal Da Silva. O evento está organizado pola Asociación Cultural Prudencio Romo, en colaboración co Concello de Lousame e a Deputación da Coruña.