Friday 22 de November de 2024

Novos desprendementos nos accesos ao Parque das Galeras pola inacción de Costas


Ante a non reparación por parte de Costas dos noiros dos accesos do parque das Galeras, produciuse un novo desprendemento que agrava a situación. Igual que na anterior ocasión, o Concello de Oleiros dirixiuse novamente á Xefatura de Costas da Coruña para que se execute unha reparación de urxencia.

É necesario conter o noiro para asegurar as pasarelas de madeira, construídas no seu día baixo a supervisión de Costas, que dan acceso ao parque, polas que transitan a diario centos de persoas. No anterior desprendemento, o Concello realizou todas as xestións pertinentes ante a Xefatura de Costas sen que se aportase solución algunha á petición de asegurar o noiro. De ter actuado nese momento non se tería dado a actual situación.