Thursday 19 de September de 2024

Incendiado un vehículo en Montecelo, no concello de Coristanco


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo foron alertados ás 19:40 horas de onte dun incendio que afectou a un vehículo ao carón dunha masa forestal en Montecelo, no concello de Coristanco.

Á chegada dos bombeiros o vehículo atopábase calcinado polo que o operativo consistiu na extinción do lume que quedaba e previr a través do rego un valo anexo ao turismo e a zona pegada ao monte. Na incidencia non houbo que lamentar danos persoais.

Participaron tamén Garda Civil de Tráfico de Coruña e Protección Civil de Coristanco.