Tres artistas van decorar durantes os próximos días outros tantos espazos urbanos dentro da convocatoria Expresa Oleiros 2024. Sekone realizará a súa obra na praia de Bastiagueiro, Nana encargarase de ambientar visualmente a piscina de Oleiros e Iria Fafián plasmará a súa obra na rúa do Souto, en Santa Cruz.
Sekone é vilagarcián afincado na Coruña, onde ademais do muralismo dedícase a obras de ilustración e deseño gráfico téxtil e ten traballado tanto en exposicións en Ordes ou Carballo, así coma no viaduto de San Pedro de Mezonzo, na Coruña.
Tamén no Derrubando Muros de Carballo, entre outras moitas cidades, ten participado Diana Rodeiro (Nana), compostelá dedicada á ilustración e a xoiería que terá nas súas Mans embelecer o acceso á piscina de Oleiros.
A catalano-galega Iria Fafián plasmará a súa obra na rúa do Souto, en Santa Cruz. Ilustradora de longo percorrido: “Non sei que sería de min neste mundo sen o dibuxo: grazas a el aprendín a observar e valorar a sinxeleza, dúas cousas que intento ter presentes no meu traballo e na vida persoal”, di presentándose como creadora.