A XX edición da “Andaina de 50 K Concello de Ribeira”, celebrarase o sábado 7 de setembro, e constará de dous bucles (30 + 20 km) que comezaran e rematarán, ambos percorridos, no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira.
Na mañá de hoxe déronse cita para a presentación, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o presidente da Federación Galega de Montañismo, Alejandro López, o presidente da Asociación de Veciños de Carreira, Moncho Sampedro e Enrique Frexeiro do departamento de andainas da Federación.
A proba está organizada polo Concello de Ribeira e a Asociación de Veciños de Carreira, contando coa colaboración da Federación Galega de Montañismo, Club Sachacamiños, Arousa Neo, GAEM Ribeira e Policía Local.
A edición 2024 dos 50K transcorrera por:
Bucle A (30 km): – Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira – Avesadas – Fondevila – Paseo Marítimo de Coroso – Gandarela – Congostra de Subagriño – Petróglifo da Pedra das Cabras – Capela de San Alberte – Senda do Río Artes – Monte da Cidá – Parque Periurbano de San Roque – Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira
Bucle B( 22 km): Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira – Laxes – Carreiriña – Paseo da Catía – Porto de Aguiño – Muelle Fenicio da Cobasa – Costa de Couso -Carreira – Muiños de Amendo – Parque Natural das Lagoas de Carregal e Vixán – Miradoiro da Pedra da Ra – Parque Periurbano de San Roque- Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira
Alejandro López felicitou en nome da Federación Galega de Montañismo; o chegar a esta XX edición “que ten moito mérito o poder seguir organizando esta andaina” e comentou tamén que “dende a Federación non soamente fomentamos as actividades deportivas senón tamén
as actividades de saúde”. López salientou a beleza do percorrido e dou os parabéns pola implicación do Concello de Ribeira máis a de tódolos involucrados na organización”
“A primeira proba despois do verán sempre é a de Ribeira, e eu creo que é unha das que se lle ten máis agarimo dentro do calendario por parte dos andaríns” afirmou Enrique.
Moncho Sampedro explicou toda a parte técnica desta XX edición
Inscricións:
Poderase realizar na web https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/xx-andaina-50k concello-de-ribeira/ hasta o mércores, 4 de setembro, ás 23.59 horas, ou hasta que se cubra o cota máximo de rexistrados, situado en 300 participantes.
Prezo:
Os prezo de inscrición será de 16 euros para federados na Federación Galega de Montañismo (FGM), e 18 euros para os non federados
A partir do 4 de setembro, as inscricións excepcionais que se poidan aceptar, terá un prezo de 25 euros, e non poderemos garantiralle o agasallo da camiseta.
Controis de paso:
Haberá varios controis de paso, polos que os participantes deberán pasar nuns tempos mínimos e máximos. “Debido a que o operativo de seguridade nos obriga a ter voluntarios en cada cruce de estradas, para optimizar os recursos dos que dispoñemos, este ano retomamos as restricións de paso, sendo estas concibidas para realizar andando. Estes controis de paso están calculados para realizar a unha velocidade mínima de 4,5 km/hora (11 horas máximo) e unha velocidade máxima de 7,15 km/hora (7 horas mínimos). Os controis de paso estarán situados nos puntos de avituallamento” informou Sampedro.
Saída:
A saída será dende as pistas de atletismo do Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira, ás 9:00 horas. É preciso estar no punto de saída 30 minutos antes do inicio da proba (retirada do carnet de ruta partir das 8.00 horas).
A medias de idade dos 227 que figuran inscritos ata o momento son de 49 anos na categoría feminina e 55 na masculina facendo unha media total de idade de 54 anos.
Xabier Vidal agradeceu a colaboración da policía local, do GAEM de Ribeira, que se encargarán da seguridade da proba; especialmente nos cruces con estradas ou pistas polas que discorre a actividade,“é unha andaina que percorre paisaxes naturais do municipio, promovendo a convivencia, a saúde e o gozo do entorno rural e costeiro de Ribeira” finalizou.