O Goberno galego aproveita o período de inactividade durante o mes de agosto para renovar as instalacións deste tipo de centros
A Xunta de Galicia investiu 75.000 euros para renovar as instalacións das escolas infantís públicas autonómicas do Ventorrillo e de Oza, na Coruña. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá ambos centros, con motivo destas obras de mellora.
Aproveitando as vacacións de verán, o Goberno galego realiza traballos en diferentes escolas infantís públicas autonómicas cun orzamento total de 3 millóns de euros. O obxectivo é non interferir na actividade destes centros durante o resto do ano e garantir que as instalacións estean renovadas para o regreso tralo verán.
Gratuidade dos 0 aos 3 anos
En setembro comezará o terceiro curso no que a Xunta financiará integramente a etapa de 0 a 3 anos. Cun investimento de 60 millóns de euros, o Goberno galego financia a gratuidade das escolas infantís, tanto públicas como privadas e de entidades sociais. Esta medida beneficia a máis de 32.000 familias, que aforran, de media, máis de 3.000 euros ao ano.