Friday 22 de November de 2024

A avaría dunha caravana provoca un incendio na AG-11, ao seu paso polo concello de Rianxo


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de foron alertados ás 12:00 horas deste mediodía dun incendio na AG-11, á altura do punto quilométrico 15 no termo municipal de Rianxo.

A incidencia foi provocada por unha avaría mecánica do automóbil a cal provocou que saíse moito fume deste. O operativo consistiu nas medicións térmicas e na sinalización para evitar novas incidencias.

Participaron tamén Policía Local de Rianxo e o persoal de mantemento da vía.