Friday 22 de November de 2024

O sábado celébranse as finais do Trofeo Concello de Oleiros de fútbol


O Unión Campestre de Montrove e o Atlético San Pedro en categoría feminina e o Santa Cruz e o Xuventude de Dorneda en masculina disputarán as finais do Trofeo Concello de Oleiros de fútbol, que acada a edición III en mulleres e a LIII en homes. Os partidos disputaranse o vindeiro sábado 31 de agosto no Campo Municipal Nano García de Iñás, ás 17:00 horas –final feminina- e ás 20:00 horas –final masculina-.

Nas semifinais masculinas, o Atlético San Pedro caeu ante o Santa Cruz nos penaltis, tras empatar a 4 goles no global da eliminatoria, e o Cristo Rei foi derrotado polo Xuventude de Dorneda por 10-0. Nas semifinais femininas, disputadas en formato triangular, quedou eliminado o Santa Cruz.

Como todos os anos, e con carácter rotatorio, o Concello asina un convenio de colaboración coas entidades participantes para a organización do campionato municipal, que supón un investimento de 14.458 euros, dedicado principalmente aos premios económicos dos clubs participantes.