Friday 22 de November de 2024

Cambio na actividade sobre o Colón galego programada para este venres en Riveira


Por indisposición de Alfonso Philippot, vémonos na obriga de cambiar o acto previsto para o venres 12 ás 20 horas no Centro Cultural Lustres Rivas, no que estaba programada unha ponencia por parte deste investigador.

En troques, vaise proxectar o documental “La clave de Cristóbal Colón, el noble gallego que descubrió América” de Carlos de Vilanova, antropólogo e escritor, que virá tamén á proxección e para o posterior turno de preguntas.

O documental dura 65 minutos e a continuación abrirase un turno de preguntas de 10 minutos para proceder ás 21:15/21:20 horas a inauguración da exposición “A mar océana (o Colón galego)”.