O Concello de Oleiros procedeu á retirada de 59 carabelas portuguesas que apareceron esta mañá nas praias de Santa Cristina, Bastiagueiro e Espiñeiro. Aínda que a situación pode cambiar, neste momento está pendurada a bandeira amarela nestes tres areais, para que os bañistas extremen as precaucións.
Tamén se está a informar da situación a través da megafonía das praias, para lembrar a importancia de non tocar estas medusas, que provocan fortes picaduras. En caso de contacto cutáneo, as persoas afectadas deben dirixirse ao posto de socorrismo.