Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron requiridos ás 04:20 horas desta madrugada para unha limpeza de vía derivada dun accidente de tráfico na estrada AC-305, á altura do punto quilométrico 32,5 na parroquia ribeirense de Palmeira.
Á chegada dos bombeiros o turismo sinistrado xa non estaba no punto e na incidencia non houbo que lamentar feridos. O operativo consistiu na limpeza de líquido vertido sobre a vía.