Friday 22 de November de 2024

XXXI Trofeo de fútbol Concello de San Sadurniño


O campo da Veiga, en Naraío, acolleu a disputa do 31º Trofeo de fútbol Concello de San Sadurniño. Un trofeo que desde o ano pasado se xoga cun partido feminino e outro masculino. Nesta edición o trofeo abrírono as cadetes da SD Narón e o Racing de Ferrol. O equipo racinguista mostrouse moi superior durante todo o encontro, tal e como testemuña o avultado resultado de 8 goles a 0.

Pola tarde tocoulles a vez á UDC Narahío, equipo anfitrión do trofeo, e á ADC Moeche. Ambas escuadras ofreceron un espectáculo intenso que, porén, non se traduciu nos goles que cabería agardar. A placa conmemorativa foi, finalmente, para terras modestinas e polo tanteo mínimo de 0-1.