Un total de 25 veciños participaron ao longo da pasada fin de semana no obradoiro de cociña e repostería de Entroido organizado polo Concello de Riveira.
A entrega de diplomas, celebrada na noite do pasado venres, tivo lugar nas aulas formativas da rúa Cristóbal Colón e contou coa presenza da primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Fabiola García, quen lles desexou aos alumnos e alumnas que o aprendido nestas xornadas lles sirva para unha mellor celebración desta festividade.
O curso foi impartido por Carmen Vidal.