Thursday 19 de September de 2024

Incendio nun iate no porto de Malpica de Bergantiños


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ás 21:37 horas de onte, sábado 24 de agosto, dun lume nun iate no porto de Malpica de Bergantiños.

Á súa chegada, os bombeiros foron informados de que o lume no interior da embarcación xa fora extinguido polo que unha vez no interior desta identificaron a orixe das chamas nunha bengala que estaba nun baño do barco. Na incidencia só houbo que lamentar danos materiais.

No operativo tamén tomou parte a Policía Local de Malpica e o GES de Ponteceso.