A pasada noite, tras a finalización do primeiro día de festas de Santa Cruz, producíronse diversos actos vandálicos contra o patrimonio público. Foi arrancada unha valla de madeira que protexe do río a zona do parque infantil e tamén foi destrozada a base que rodea a fonte da rotonda do centro da localidade.
É indignante que se degraden os espazos públicos desta maneira, co conseguinte custo económico de reposición para as arcas municipais.