Thursday 21 de November de 2024

O PP de Culleredo pide que o autobús municipal chegue ao lugar de Souto, na parroquia de Orro.


∙ “Os veciños perden máis de tres horas en bus para ir e volver ao médico, á compra ou por traballo. Algo inadmisible e que ten fácil solución engadindo unha parada en Souto”, sinalan os populares.

∙ Desde o PP advirten que é necesario revisar e poñer en marcha o PMUS realizado en 2021 “do que non se realizou ningunha das accións de mellora de mobilidade que contempla”.

O Partido Popular de Culleredo pedirá no próximo pleno que o autobús municipal que comunica as zonas rurais de Culleredo coas urbanas, chegue ata Souto, na parroquia de Orro. Unha demanda veciñal de anos que supoñería “reducir considerablemente o tempo que empregan os veciños en ir e volver a zonas como O Burgo, Vilaboa ou Fonteculler”, sinala a líder popular, Izaskun García.
Os pouco máis de 3km que separan a parada de Orro Ponche con Souto pola DP-0510 “non supoñen para un autobús un atraso importante no seu percorrido e con todo para os veciños ter que realizalos para chegar ao bus municipal si supón un esforzo considerable”, afirma García Gorostizu.

Unha mellora, a de facer chegar o bus municipal a todas as zonas rurais, que xa se sinala no Plan de Movilidad Urbana Sostible de Culleredo, realizado no 2021 e do que “non temos noticia algunha, porque de todas as medidas a realizar para mellorar a mobilidade entre os núcleos urbanos e rurais de Culleredo, non se levou a cabo ningunha. Como todo o que promete este goberno municipal, papel mollado esquecido nun caixón”, denuncian desde o PP.
“Un Plan de Movilidad que inclúe, entre outras moitas medidas, a do acceso dos usuarios a unha información actualizada das liñas de bus, horarios e frecuencias, cando nin na web do Concello, nin nas propias paradas, podemos atopar esa información. O estado no que se atopan moitas desas paradas é tamén un punto que recolle o Plan, recoñecendo o seu pésimo estado, problemas de accesibilidade e a falta de sinalización, sen que desde o Concello realizáronse mellora algunha”.