Thursday 21 de November de 2024

Cinco rondallas daranse cita en Neda na celebración da 25 edición do Festival da Canción Mariñeira


O Paseo marítimo de Xuvia acollerá o 30 de agosto o certame organizado por Lucero del Alba

O paseo marítimo de Xuvia acollerá o vindeiro venres, 30 de agosto, a partir das 18.30 horas, unha nova entrega do Festival da Canción Mariñeira. A iniciativa, organizada pola Agrupación artística Lucero del Alba, de Neda, cumpre neste 2024 as súas vodas de prata, e faino cunha edición reforzada na que se poderá desfrutar das interpretacións de ata cinco rondallas.

Así, o tradicional encontro, destinado a dar a coñecer e conservar a música e as cancións de inspiración mariñeira, contará coa participación de tres das agrupacións musicais con máis sona de Ferrol: Añoranzas, a Rondalla do Club de Campo e a feminina Só elas. Xunto a elas estará a Rondalla mugardesa e, como non, a anfitrioa, Lucero del Alba.

O Concello de Neda colabora coa organización facilitando a infraestrutura e o equipo técnico necesarios para desenvolver a veterana cita musical, que volverá estar presentada por María Porto.
Tras a actuación das rondallas, a programación do festival, que conta tamén co apoio da Deputación da Coruña, incluirá unha degustación de mexillóns (serviranse acompañados pan e bebida por 5 euros), a animación musical de Alberto Bellón, e un sorteo de agasallos.

Dende o Concello animan aos veciños e veciñas comarca afeccionadas ás habaneras e á canción coral a achegarse á vila para desfrutar deste encontro festivo.