Hoxe aprobouse no pleno extraordinario os festivos locais, a toma de posesión da nova edil do PP, Dª Juana Maria Brión Santamaría, a aprobación da segunda fase do POS+ adicional e finalmente e tamén aprobada de urxencia a constitución e adhesión da “Asociación Comunidade Enerxética de Ribeira”.
Determinación dos festivos locais
Os festivos locais para o 2025 aprobados foron o día da Dorna (24 de xullo) e o de Santa Uxía (12 de setembro).
Nun pleno extraordinario, tódolos grupos da Corporación argumentaron as súas propostas e posicións; a proposta do goberno local establecía os festivos para a Dorna e Entroido pero finalmente aprobouse por once votos a emenda presentada polo Partido Popular, dez do Partido Popular máis un do PPBI fronte a sete en contra de BNG, PSOE e do edil Juan Furones e tres abstencións dos edís Vicente Mariño, Herminia Pouso e Tania Redondo.
O PBBI presentou unha emenda que propuña como festivos locais o Martes de Entroido e Santa Uxía, emenda que foi desestimada por 17 votos en contra de PP, BNG, PSOE, do edil do PBBI Juan Furones, unha abstencións da edil do PBBI Tania Redondo e tres a favor dos concelleiros do PBBI Vicente Mariño, Herminia Pouso e Fernando Abraldes.
POS+ adicional
Tamén saíu adiante por unanimidade a aprobación do POS+ Adicional 2/2024 na segunda fase da Deputación da Coruña cunha achega de case 600.000 € dos cales 420.000 € adicaranse a gasto corrente e 107.000 € da Deputación máis 71.000 € de achega do Concello para a pavimentación da rúa Castelao de Aguiño.
Proposición de urxencia “Asociación Comunidade Enerxética de Ribeira”
Por unaminidade aprobouse esta proposición de urxencia que consiste en poñer as bases para a constitución dunha asociación enerxética en Ribeira para seguir avanzando ca axenda 20-30 marcada UE pola descarbonización e a xeración de enerxías renovables co respectivo aforro de enerxía nas dependencias municipais.