Friday 22 de November de 2024

Finalizadas as obras de renovación da rede de saneamento e abastecemento de auga en Tatín


· Os traballos supuxeron un investimento de case 94.000 euros.

As obras de renovación da rede de saneamento e abastecemento de augas en Tatín (Ouces) xa están completamente terminadas. Así, o Concello de Bergondo completa un avance máis no desenvolvemento do seu plan de saneamento, que busca renovar gran parte do sistema actual.

Os traballos realizáronse na zona de Tatín anexa á estrada AC-162, instalando unha rede completamente nova de saneamento, a canalización para a iluminación pública e a renovación integral da rede de abastecemento.

Estas acometidas supuxeron un investimento de case 94.000 euros e son unha continuación doutras obras de fases anteriores do Plan de Saneamento do Concello de Bergondo.