Friday 22 de November de 2024

O PP de Sada alerta sobre graves erros nas basees da convocatoria para a selección dunha etiqueta


A portavoz do Grupo Municipal Popular de Sada, Esperanza Arias Ferreiro, alertou acerca da existencia dun grave erro nas bases da convocatoria dun Técnico de Administración , ao conter nas mesmas a concreta esixencia do título de Licenciado, Grao ou equivalente en Dereito, vulnerando desta forma o disposto no art. 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado público, segundo o cal, unicamente poderá esixirse unha titulación específica de grao ou equivalente ( neste caso o concello esixe posesión de licenciatura en dereito), cando así o estableza unha disposición con rango de lei.

Ao non acharnos #ante este caso, as bases reguladoras da convocatoria poderían estar viciadas de nulidade de pleno dereito segundo o disposto no art. 47.2 da Lei 39/2015, sendo susceptibles de impugnación con base en @dicha causa por calquera persoa interesada no procedemento, atrasando considerablemente a cobertura deste posto tan necesario para o noso concello, e do que se acha desprovisto desde o ano 2021, prolongando sine die as tramitacións correspondentes e dificultando as xestións aos nosos veciños.
Desde o Partido Popular de Sada vémonos na obrigación de lembrar unha vez máis (e as que sexan necesarias) ao señor alcalde a importancia do cumprimento dos principios constitucionais de igualdade, mérito, e capacidade, reitores do emprego público, e as esixencias en materia de transparencia, rigorosa observancia e estrito cumprimento dos preceptos legais aplicables, como garantía e salvagarda dos dereitos dos cidadáns.

“Son xa demasiadas as ocasións nas que as erráticas políticas deste alcalde e o seu equipo de goberno ocasionaron indesexables consecuencias para o noso concello, prexudicando a imaxe da nosa vila e a calidade de vida dos nosos veciños”

“Por iso desde o Partido Popular reafirmámonos unha vez máis no noso firme compromiso de velar en todo momento polos dereitos e as garantías de todos os sadenses”- concluíu a portavoz dos populares.