Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ás 19:15 horas de onte, mércores 21 de agosto, dun lume nunha vivenda no lugar de Abanqueiro, na parroquia homónima do municipio de Boiro.
A incidencia foi ocasionada polo incendio da cociña dunha vivenda unifamiliar. Á chegada dos bombeiros as lapas foran extinguidas polos veciños polo que o labor dos bombeiros consistiu en arrefriar e ventilar o espazo. As chamas, que foran orixinadas na cociña non chegaron a saír desta estancia e tan só ocasionaron danos no mobiliario. Finalmente realizouse unha comprobación das condicións de seguridade no domicilio.
No operativo tamén tomou parte a Garda Civil a Protección Civil de Boiro .