Friday 22 de November de 2024

Ribeira reforza a limpeza tralos eventos e festexos


O Concello de Ribeira, no seu compromiso pola constante mellora na salubridade, decoro e limpeza dos espazos públicos, vai realizar traballos de limpeza en profundidade durante os vindeiros días por diversas zonas.

O rexedor ribeirense, Luís Pérez, e a concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo, informan que tralas festas e todos os eventos procederase a realizar limpezas en profundidade naquelas zonas que tiveron concentración de actividades e presentan sucidade.

Os traballos comezarán esta mesma semana pola avenida do Malecón e seguirase por Rúa de Galicia e Banda ao Río, así como outras zonas e barrios.