Unha semana despois de conmemora-lo Día da Galiza Mártir, o Concello da Pobra do Caramiñal organiza un acto de homenaxe máis en materia de memoria histórica.
Consistirá nunha homenaxe ó exilio republicano e soldados da compañía “La Nueve”, que contará coas intervencións da concelleira da Memoria Histórica, Patricia Lojo; de Juan Galán, biógrafo do soldado da Pobra no exército vasco Joaquín Fernández Millán; e de Virginia Fernández, neta deste soldado.
Este acto terá lugar no sábado, 24, ás 12.30 horas, a carón da escultura pola memoria histórica situada nos Xardíns de Valle-Inclán e estará amenizado musicalmente por Barahúnda.
Como ben manifesta a edil, “continuamos así cos actos de recoñecemento e da exixencia da verdade, xustiza e reparación.”