• As inscricións poderán realizarse do 23 ao 25 de setembro
• As actividades arrincarán o día 7 de outubro no caso das escolas infantís e o 30 de setembro para as persoas adultas
As actividades culturais e deportivas do Concello regresan no curso 2024-2025 cunha oferta moi variada e para todas as idades.
O pavillón de Ponteceso, o edificio das Escolas e a biblioteca acollerán as activades de basquet, patinaxe, ximnasia, “ponte a correr”, danza, teatro, ioga, oratorio en inglés, fútbol sala, xadrez, zumbe, judo, cerámica e arte.
Do mesmo xeito, o pavillón de Corme e a Casa do Mar contarán con ximnasia para maiores, ioga, fútbol sala, patinaxe, judo, d’ arte e tiro con arco.
As persoas interesadas en matricularse para o vindeiro curso poderán facelo desde o 23 ata o 25 de setembro, preferiblemente de xeito telemático a través da sede electrónica. Ao longo do día 23 de setembro, poderá facerse de xeito presencial, en horario de 09 a 14 horas, tanto nos departamentos de Cultura e Deportes como na oficina municipal de Corme. Aplicaranse as correspondentes taxas segundo a ordenanza fiscal.
A partir do 30 de setembro darán comezo as actividades para persoas adultas e o día 7 arrincarán as infantís e cada actividade require dun número mínimo de persoas inscritas para levarse a cabo.
As prazas adxudicaranse por sorteo público, no caso de ser preciso, o día 26 de setembro ás 12:00 horas, con preferencia para as persoas empradoadas. As actividades necesitarán un mínimo de inscricións para realizarse.
Desde o Concello de Ponteceso animan a todos e todas, persoas adultas e crianzas, a apuntarse ás actividades municipais de cara ao curso 2024/2025 no Concello de Ponteceso.