Saturday 23 de November de 2024

Accidente de tráfico cunha persoa ferida na AC-305, en Cimadevila, no concello de Boiro


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ás 03:54 horas desta madrugada dun accidente de tráfico acontecido na AC-305, á altura do punto quilométrico 23.5, ao paso da vía por Cimadevila, no concello de Boiro.

A incidencia foi ocasionada por un turismo que saíu da vía pola marxe esquerda impactando con catro vehículos que estaban alí estacionados. A persoa condutora do automóbil atopábase ferida fóra deste, polo que o operativo despregado polos bombeiros consistiu na atención á persoa ferida ata o seu traslado ao hospital do Barbanza, na desconexión das baterías dos turismos e na posterior limpeza da vía.

Participaron tamén a Garda Civil de Boiro, a Garda Civil de Tráfico de Santiago, o 601 e Protección Civil de Boiro.