• As intervencións, subvencionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), contemplan a limpeza de gabias e a reparación da capa de rodaxe.
• Ademais, o plan de obra inclúe a mellora da pista de Gradoi a Ponte.
O Concello das Somozas xa ten en proceso de licitación as obras de mellora das pistas de Tiquión e de Gradoi a Ponte.
Ambas intervencións, subvencionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) dentro do Plan de mellora de camiños para acceso a fincas agrícolas 24/25, contemplan a limpeza de gabias e a reparación de capa de rodaxe.
A finalidade da execución destas obras é a mellora da rede viaria do municipio, facilitando así a accesibilidade e vertebración do territorio e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal.
En canto ás actuacións, procederase á limpeza de gabias de ambas marxes e a reparación da capa de rodaxe. Tamén, aplicarase un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes. Completan as obras a colocación de sinais de STOP.