Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron requiridos ás 00:05 horas deste domingo para rescatar a tres persoas nunha vivenda da rúa do Vilar, na parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira.
O motivo do rescate debeuse á rotura das escaleiras de madeira do interior da vivenda, que conectaba o baixo co primeiro andar, onde se atopaban as 3 vítimas. Unha delas levou un golpe nunha perna ao tentar baixar os chanzos.
No operativo tamén participaron a Policía Local e Policía Nacional de Ribeira e un equipo do 061.