Os bombeiros do parque Comarcal Provincial das Pontes foron alertados esta madrugada da colisión dun coche sen carné contra un gardarraíl no quilómetro 9.5 da DP-4803, á altura do lugar de Centroña, no concello de Pontedeume. A acompañante resultou con fractura aberta nunha perna.
No operativo, os bombeiros prestaron apoio ao 061 para mobilizar a vítima na padiola.