Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron alertados dun accidente de tráfico no punto quilométrico 92 da AC-550, á altura da parroquia de Queiruga, no concello de Porto do Son.
O accidente causou dúas persoas feridas que tiveron que ser trasladadas ao Hospital do Barbanza.
O operativo realizou tarefas de asistencia sanitaria.