Monday 25 de November de 2024

Amarran un cableado telefónico con perigo de caer á vía pública no concello de Ribeira


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron alertados preto das 14:13 horas por mor duns cables aéreos soltos con perigo de caer á vía pública e que obstaculizan o tráfico rodado, na entrada e saída do aparcamento subterráneo de praza de España, no Concello de Ribeira.

Os bombeiros levantaron o cableado para evitar posibles accidentes á espera que o servizo o repoña.

Tamén participou no operativo a Policía Local de Ribeira, que alertaron ao persoal de mantemento do servizo de telefonía para que procederan o arranxo do cableado.