Friday 22 de November de 2024

Oleiros, un pobo aberto que aposta por un turismo de calidade


Oleiros é un municipio aberto e tolerante, acolledor de miles de persoas de todo tipo de procedencias. Entre todos e todas construímos un territorio moi próspero no cultural e no social, onde a xenofobia e os discursos de odio non teñen cabida.

A elevada calidade de vida que o Goberno municipal acadou para Oleiros constitúe un forte atractivo para residir e tamén para visitarnos. Así, o Concello sempre apostou por un turismo de calidade, non de masas, para xerar riqueza e conservar a nosa harmónica convivencia.

Por cuestións partidistas, Oleiros sufre un continuo maltrato por parte dos medios de comunicación, para os que as únicas noticias relevantes son as negativas –case sempre falsas ou manipuladas-. Nestes últimos días o branco dos disparos está a ser a hostalería de Oleiros, vilipendiada con todo tipo de calumnias e difamacións inxustas e intolerables por unhas declaracións particulares magnificadas pola prensa, que nada teñen que ver coa boa imaxe e a calidade dos establecementos do concello.

A presión mediática non poderá manchar o nome de Oleiros, un pobo que recibe sempre cos brazos abertos a todas as persoas respectuosas que nos visitan, unha inmensa maioría. Benvidos, bienvenidos!