• O vencedor no apartado masculino foi José Santiago Villar, mentres que en categoría feminina a primeira en cruzar a meta foi Nia Franco
• Disputáronse as categorías Pitufo, Sub-8, Sub-10, Sub-14, Sub-18, Sénior e Veterano A e B
Un total de 110 corredores e corredoras participaron este xoves na edición número XIV da Carreira Popular Concello de Cariño, que atraeu a deportistas de diferentes municipios da comarca.
No apartado masculino, o vencedor foi José Santiago Villar, mentres que na categoría feminina, cruzou a meta en primeiro lugar Nia Franco.
Disputáronse un total de 8 categorías: Pitufo, Sub-8, Sub-10, Sub-14, Sub-18, Sénior e Veterano A e B.
Desde o Concello de Cariño queren darlle as grazas a todas as persoas involucradas que fixeron posible que se celebrase esta proba nas mellores condicións. Ademais, queren darlle as grazas ao servizo de deportes municipal e ás empresas colaboradoras Eroski, Arthros Fisioterapia, Xoiería Mayte e Cronotec.
A clasificación completa pódese consultar a través da seguinte ligazón:
https://cronotec.es/2024/Competencias/2024/rescarino24.pdf