Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo participaron ao redor das 21:10 horas da tarde de onte na á extinción do lume que afectou a un remolque dentro dun alpendre que se atopaba no anexo dunha vivenda familiar na rúa Queo de Abaixo, no Concello de Carballo. Tamén ardía un colector de lixo que se situaba a uns 25 metros do lugar.
O operativo dos bombeiros consistiu na extinción das lapas.
Participaron tamén a Garda Civil, SMPC Carballo, Protección Civil Carballo e Policía Local Carballo.