A X Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage, organizada pola Asociación Ferro Vello en colaboración co Concello de Miño, chega á praza de Rabazal esta fin de semana.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, e o presidente de Ferro Vello, Javier Domínguez Herva, presentaron hoxe o cartel do evento na Casa do Concello. Na feira participarán 28 expositores chegados de Asturias, País Vasco, León, Portugal e as catro provincias galegas.
A entrada é gratuíta e os horarios serán, tanto o sábado 17 como o domingo 18, de 10:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 21:00 horas.