Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro recibiron hoxe, arredor das 3.56 horas, o aviso dun incendio urbano nun edificio da rúa Xosé Ramón Barreiro, no concello de Ribeira.
Unha vez desprazados no lugar e tras realizar unha inspección, o persoal da agrupación dispuxo unha liña de extinción para acceder ao interior do inmoble. Os Bombeiros localizaron o lume nun piso da segunda planta, tendo afectado as chamas a unha das habitacións. O persoal procedeu á extinción do lume e á apertura das fiestras para ventilar o interior.
Na intervención tomou parte, así mesmo, o GAEM de Ribeira.