Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo foron alertados onte, preto das 20:00 horas, dun incendio forestal próximo a vivendas da urbanización de Pedra do Sal, na parroquia de Baldaio, no concello de Carballo.
Debido á proximidade das chamas, o cometido foi protexer as vivendas por se o lume se achegaba a elas e subministrar auga aos vehículos da central de incendios forestais.
Participaron tamén Garda Civil, Protección Civil de Carballo e a central de incendios forestais.