O Concello de Oleiros convocou a todos os veciños e veciñas da rúa Bartolomé de la Casas, en Nós, a unha asemblea informativa este próximo luns día 12 de agosto ás 20:00 horas na Casa do pobo. Atendendo as demandas veciñais, o Goberno municipal pretende crear beirarrúas en todo o tramo de 1,5 km que vai desde a rotonda da Seara ata a rúa Armental.
Para poder realizar esta importante obra de mellora da seguridade viaria é necesaria a colaboración veciñal mediante a cesión do solo necesario para construír as beirarrúas. “A asemblea é para falar cos veciños, que nos piden que fagamos beirarrúas. Igual que fixemos en moitas outras rúas, se nos ceden o solo haberá beirarrúas”, dixo o alcalde.