• As persoas interesadas poderán consultar os documentos e formular as suxestións que consideren oportunas ata a devandita data.
O Concello de Abegondo anunciou a ampliación do prazo de exposición pública do proxecto de numeración dixital de cada edificación do termo municipal.
Deste xeito, a nova data para que as persoas interesadas poidan consultar os documentos e formular as suxestións que consideren oportunas queda fixada para o día 31 de agosto. Devandito trámite poderá realizarse a través da sede electrónica municipal ou a través da presentación dos impresos facilitados.
A creación do rueiro dixital xeorreferenciado integrarase coas bases de datos
de xestión do territorio. Ademais, estará preparado para as aplicacións
de Google.
O proxecto se iniciño coa análise do estado actual dos datos municipais
para a súa actualización e dixitalización. Determináronse os núcleos susceptibles
de renumeración ou certas edificacións que requirían un cambio, incluíndo tanto ás vivendas como bens patrimoniais ou edificios de tipo industrial.
Nos casos que implique un cambio de número ou domicilio, a empresa contratada para o proxecto encargarase tamén de realizar as xestións oportunas antes todos os organismos para facilitar o trámite aos afectados.
Froito da actuación, desenvolverase un sistema de información xeográfica con eses datos. Contará cun visor para a visualización e consulta. Os traballos inclúen así mesmo que cada inmoble dispoñerá dun pequeno rótulo indicativo da súa numeración, con código QR.