Thursday 19 de September de 2024

A Praza da Ribeira acolle este sábado o XX edición do Festival Habaneras de Corme


 Será a partir das 19 horas, coa actuación de cinco corais, entre as que se inclúe a agrupación local e organizadora Coral Polifónica Brisas do Mar de Corme

A Praza da Ribeira acolle este sábado a edición número XX do Festival de Habaneras de Corme, a partir das 19 horas. O evento está organizado pola Coral Brisas do Mar e o Concello de Ponteceso. Colaboran a Deputación da Coruña e a Federación Coral Galega.
Participan un total de cinco corais: a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz, o Coro de Las Regueras (Asturias), a Coral Polifónica de Cesullas, a Coral Airiños da Capela e a Coral Polifónica Brisas do Mar de Corme.
Trátase dun evento de música tradicional de gran arraigo no Concello de Ponteceso, que complementa a oferta cultural durante o mes de agosto.
Desde o goberno local animan a todos e todas, veciñanza e visitantes, a achegarse durante esta fin de semana a Corme e gozar deste Festival de Habaneras.