Friday 22 de November de 2024

Concurso de decoración dos establecementos Artemar 2024


Con motivo da feira artesanal e mariñeira Artemar, o concello de Ribeira impulsa un novo Concurso de Decoración de Establecementos. Nel poderán participar todos os negocios da cidade sen necesidade de inscribirse, polo que dende o concello se anima ao tecido empresarial a decorar os seus establecementos con temática mariñeira coincidindo coa feira, do 15 ao 18 de agosto. Os negocios mellor valorados elixiranse por votación popular.
Serán as persoas que acudan a visitar a cidade e os postos de Artemar neses días os que poderán votar, acudindo á oficina de turismo do Malecón e cubrindo unha papeleta cos seus datos.

O horario da oficina de turismo durante Artemar para poder votar será o seguinte: Xoves de 18:00 a 21:00 h
Venres de 12:00 a 21:00 h
Sábado e domingo de 12:00 a 18:00 h

O luns 19 de agosto ás 12:00 horas na propia oficina de turismo procederase a apertura da urna e ao reconto dos votos e a sacar tamén un boleto gañador.
Os tres establecementos da cidade mellor valorados recibirán cadanseu “lote de conserva artesanal Frinsa”, e tamén entre todas as persoas votantes sortearase outro lote máis.

O Concello de Ribeira contactará con estes establecementos así como coa persoa votante gañadora para entregarlles os seus agasallos.