Friday 22 de November de 2024

As voces femininas e o talento local protagonizarán a segunda xornada do Festival Noroeste Estrella Galicia


Haberá concertos no Campo da Leña, praza de Azcárraga, parque de Santa Margarida e o Castelo de San Antón, ademais dos espectáculos da praza de Pontevedra e os Xardíns de Méndez Núñez

As voces femininas e o talento local protagonizarán a segunda xornada de concertos da 37ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia. Este xoves 8 de agosto soará novamente a música no Campo da Leña, praza de Azcárraga, o parque de Santa Margarida e o Castelo de Santo Antón. Pepo Suevos, na praza de Pontevedra, e Paco Nogueiras, nos Xardíns de Méndez Núñez, completan a programación cos ‘Contos ao Noroeste’ e o ‘Noroestiño’. Ambos serán ás 19:00 horas.

Os coruñeses Lemot e Garufa Blue Devils Big Band abrirán os concertos ao mediodía, novamente na praza de Azcárraga e no Campo da Leña. Xa pola tarde, ocuparán o escenario en Azcárraga Virgina Red (20:00 horas), Imägo (22:30 horas) e Soul Teller and The Soul and Love Band (00:30 horas). No Campo da Leña, quenda de Zålomon Grass (20:30 horas), Kamikaze Helmets (22:00 horas) e Repion (23:30 horas).

Ademais, Trío da Kali (19:30 horas) e José Ignacio Lapido (21:00 horas) protagonizarán os concertos do Castelo de Santo Antón. Os convites para ambas actuacións están esgotados, aínda que unha vez empezado o concerto de non completarse a capacidade do castelo permitirase a entrada por orde de chegada. No parque de Santa Margarida, Caamaño&Ameixeiras (21:00 horas), BCUC (22:45 horas) e Chambao (00:30 horas).

O Goberno de Inés Rey mantén a súa aposta por un Festival Noroeste Estrella Galicia que chegue a diferentes espazos da cidade e que aglutine variados estilos musicais, ademais de engadir as seccións Contos ao Noroeste e Noroestiño ao programa. O cartel deste ano volve a reunir grandes nomes internacionais e nacionais con artistas galegos e locais emerxentes.

Mercado de Discos do Noroeste

Por terceiro ano consecutivo, celebrarase o Mercado de Discos do Noroeste, co obxectivo de establecer un punto de encontro musical en A Coruña. Este evento reunirá a coleccionistas, expositores, selos e distribuidoras de soportes fonográficos, incluíndo vinilos e CDs. Haberá máis de 20.000 unidades dispoñibles, entre LPs, CDs, singles e maxisingles, incluíndo discografías completas de algúns artistas, edicións descatalogadas, reedicións e ofertas de case todos os estilos. Tamén haberá unha destacada presenza de discos publicados por selos e editoriais galegas.

O acceso será libre para todos os públicos durante os días 9, 10 e 11 de agosto. O mercado, organizado novamente por Nonito Pereira, celebrarase na súa tenda da rúa Real. O horario será o seguinte: venres de 17.00 a 20.00 horas, e sábado e domingo de 11.00 a 20.00 horas. Como novidade, este ano por primeira vez poñeranse á venda tocadiscos, amplificadores e altavoces de segunda man.
Ademais, poderase disfrutar das seguintes actividades:
∙ Exposición fotográfica “1000 +30” – Concerto dos mil anos.
∙ Audición do disco ‘Casanova de Eiris’ comentada por Nonito Pereira Rey. Programación completa por días
Xoves 8
Concertos:
13:00h – Lemot (Campo da Leña)
14:00h – Garufa Blue Devils Big Band (Praza da Azcárraga)
19:30h – Trío da Kali (Castelo de San Antón)
20:00h – Virgina Red (Praza da Azcárraga)
20:30h – Zalomon Grass (Campo da Leña)
21:00h – Lapido (Castelo de San Antón)
21:00h – Caamaño&Ameixeiras (Santa Margarida)
22:00h – Kamikaze Helmets (Campo da Leña)
22:30h – Imägo (Praza da Azcárraga)
22:45h – Bcuc (Santa Margarida)
23:30h – Repion (Campo da Leña)
00:30h – Chambao (Santa Margarida)
00:30h – Soul Teller + The Soul & Love Band (Praza da Azcárraga) Contos ao Noroeste:
19:00h – Pepo Suevos (Praza de Pontevedra)
Noroestiño:
19:00h – Paco Nogueiras (Xardíns de Méndez Núñez)
Vernes 9
Concertos (Praia de Riazor):
21:15h – Fillas de Cassandra
22:30h – Xoel López
00:30h – Crystal Fighters
3
Nota de Prensa
Contos ao Noroeste:
19:00h – Atenea García (Praza de Vigo)
Noroestiño:
19:00h – Os Monifates (Xardíns de Méndez Núñez)
Sábado 10
Concertos (Praia de Riazor):
21:00h – Triángulo de Amor Bizarro
23:00h – Vetusta Morla
01:00h – The Rapants
Contos ao Noroeste:
13:00h – Leti da Taberna (Praza do Humor)
19:00h – Celso Sanmartín (Praza das Bárbaras) Noroestiño:
19:00h – Fran Amil (Xardíns de Méndez Núñez)
Domingo 11
Contos ao Noroeste:
13:00h – Marita Martínez (Praza de Pontevedra)
20:00h – Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Perdomo, Lucía Veiga (Santa Margarida)
Noroestiño:
13:00h – Magín Blanco e a Banda das Apertas (Xardíns de Méndez Núñez)